CAPITALISMO E SOCIEDADE DE CLASES

 

As transformacións económicas e sociais que se producen a finais do XVIII orixinan un novo sistema económio, o capitalismo, e un novo modelo de sociedade, a sociedade de clases.

 

O CAPITALISMO

 

            O capitalismo é o sistema económico que xurde do desenvolvemento da revolución industrial e do establecemento do liberalismo.

Entre  os principais teóricos destacan: Adam Smith, Thomas Malthus e David Ricardo.

            Entre os trazos básicos destacan:

            1- A liberdade económica debe ser total. O Estado debe eliminar os atrancos para a libre competencia.

            2.- O mercado debe regularse pola lei da oferta e da demanda: productos, producción e precios estarán regulados pola demanda que fagan os consumidores.

            3.- O capital é o factor básico na producción, para invertir, producir e obter beneficios.

4.- Os medios de producción e os bens deben estar en mans privadas. A propiedade privada debe estar garantida pola lei.

            5.- O principal factor que estimula a actividade económica é conseguir o máximo beneficio.

            6.- O traballo é unha mercadoría máis suxeta á lei da oferta e demanda. O salario varia segundo as circunstancias.

            7.- Para aumentar a producción é necesaria a especialización e a división do traballo.

            8.- O criterio de organización da sociedade é a riqueza.

            9.- Os que non posúen bens e medios de producción quedan sometidos (dependerán e serán explotados) ós capitalistas.

            10.- O capitalismo ten crisis cíclicas, momentos de crecemento e de decrecemento.

 

A SOCIEDADE DE CLASES

 

            A revolución liberal eliminou os criterios de organización social característicos do Antigo Réxime baseados no privilexio. Agora nace unha sociedade organizada en clases  sociais diferenciadas pola riqueza.

            Características desta sociedade son:

            A igualdade xurídica.

            A riqueza como criterio de diferenciación social.

            A desigualdade económica. Unha minoría acumula grandes riqueza e unha maniría vive nun nivel de subsistencia.

            Pódese ascender e descender na escala social: capacidade e mérito son fundamentais.

            Dúas clases sociais son as fundamentais: a burguesía e o proletariado.

 

A BURGUESÍA

            A burguesía ten:

            - o dominio económico.  É propietaria das terras, invirte no comercio e na industria e obtén  enormes capitais  para volver a invertir. Ademais controla o mercado (as redes de comercio e distribución)  e establece os presos.

            - o dominio político- ideolóxico.  A burguesía está na cúspide da sociedade e controla o proceso político e a lexislación. Así establece leis favorables ós seus intereses. Ademais impón a súa mentalidade e os seus gustos.

            A burguesía non é un grupo homoxéneo, hai grandes diferencias.

 

O PROLETARIADO

 

            Forman parte do proletariado os traballadores industriais e xornaleiros. Nace como consecuencia da industrialización e das reformas agrarias.  Esta abundante man de obra queda a expensas dos intereses burgueses, que impuxeron durísimas condicións de traballo para obter os máximos beneficios.

 

            Para entender a vida do proletariado hai que ter en conta que:

-          Non existía lexislación laboral do Estado. As relacións laborais eran establecidas entre o patrono e o traballador.

-          As xornadas de traballo eran moi longas , de 12 a 14 horas.

-          Os salarios eran moi baixos. Era necesario o traballo de todos os membros da familia.

-          A man de obra é moi abundante: homes, mulleres e nenos…

-          Non había seguridade e hixiene no traballo.

-          Os códigos de disciplina eran moi duros, sendo frecuentes as multas.

 

           

            Estas duras condicións de vida provocarán o nacemento dunha conciencia de clase marxinada polo sistema, e de ahí nacerá un movemento de reivindicación de melloras e de cambios.