A RESTAURACIÓN ABSOLUTISTA

Despois da derrota de Napoleón foron restauradas as monarquías absolutas en toda Europa, pero o liberalismo vai a loitar para abolir o absolutismo.

A EUROPA DO CONGRESO DE VIENA

                Os países que venceron a Napoleón reuníronse en Viena para reorganizar o mapa de Europa e voltar ás formas políticas do Antigo Réxime. Os principios da súa actuación eran:

-          O lexitimiso, é dicir, restablecer ós reis lexítimos nos seus tronos.

-          O absolutismo, é dicir, eliminar o liberalismo volvendo ó absolutismo.

-          O equilibrio internacional, é dicir, que non exista un reino moito máis forte que os demais.

                En 1815 os reis de Austria, Prusia e Rusia firmaron o Tratado da Santa Alianza para asegurar o absolutismo e impedir calquera revolución.  Por este tratado comprometianse a vixiar e prestarse axuda para impedir o regreso do liberalismo. A figura clave desta política foi o canciller da Austria, Metternich.

AS VAGAS REVOLUCIONARIAS LIBERAIS

                Pese á represión á que foi sometido o liberalismo, os liberais, apoiados por burguesía e masas papulares , en ocasións, fixeron algunhas sublevacións, dando orixen a vagas revolucionarias arredor dos anos 1820, 1830 e 1848.

 

Data

Zona Afectada

Resultado

1820

España

Éxito  Provisional, Fernando VII acepta a Constitución de 1812

Grecia

Éxito , sublevación contra os turcos e independencia en 1822

Territorios alemáns, italianos, Portugal e Rusia

Fracaso, intervén a Santa Alianza

1830

Francia

Éxito, establecemento monarquía constitucional de Luis Felipe de Orleans.

Países  Baixos

Éxito, Bélxica independízase de Holanda, e instaura monarquía liberal

Portugal e España

Enfrontamentos nos que acaba triunfando o liberalismo.

 

Territorios alemán, italianos e Polonia

Fracaso pola intervención da Santa Alianza.

1848

Francia

Éxito, proclamación da Segunda República

Territorios alemán, italianos,

Fracaso pola intervención da Santa Alianza. Revolucións que teñen carácter nacionalista.