O REINADO DE ISABEL II (1833-1868)

 

Durante o seu reindo vaise a instalar o liberalismo, pero un  liberalismo moderado. Será un reinado inestable, sempre enfrontados os liberais moderados e os liberais progresistas. Nos partidos terán moita importancia os militares, os Espadóns. Nos moderados o xeneral Narváez e nos progresistas o xeneral Espartero.

CRONOLOXÍA

                DE 1833 A 1845

                               REXENCIA DE MARÍA CRISTIANA: 1833-1840.

                               REXENCIA DE ESPARTERO: 1840-1843.

                DE 1843 A 1868: REINADO PERSOAL DE ISABEL II.

 

REXENCIAS DE MARIA CRISTINA E DE ESPARTERO

Cando morre Fernando VII, os carlistas non aceptan o testamento e inician a 1ª guerra carlista (1833-39). Os partidarios de D. Carlos, defenden o absolutismo, os privilexios forais e o predominio da Iglesia católica (Dios, patria y rey).  A guerra remata en 1839 co Convenio de Vergara, firmado entre o xeneral Espartero e o xeneral carlista Maroto. Os carlistas aceptan a Isabel II a cambio de poder negociar os privilexios forais vascos. En 1841 a lei Paccionada de Navarra permitelles manter parte dos privilexios.

O mesmo tempo que se inicia a guerra vaise a producir o TRIUNFO DA REVOLUCIÓN LIBERAL.

Ó principio María Cristina goberna sen moitos cambios, pero como necesita os apoios dos liberais para defenderse dos carlistas chama a liberais a gobernar e fai reformas: amnistía para liberais e nova división provincial. Primeiro a Francisco Martínez de la Rosa (1834, Estatuto Real) e despois a liberais progresista, con Mendizabal. As medidas progresistas (desamortización de bens do clero regular) asustaron ós moderados, que pararon as reformas; pero un motín no palacio da Granxa no verán de 1836 obrigou a María Cristina a repoñer a Constitución de 1812, e no ano seguinte redactar unha nova constitución, a de 1837. Desde ese momento triunfa definitivamente o liberalismo.

A constitución de 1837 establecía a soberanía Nacional, a división de poderes, unha declaración de dereitos, certa tolerancia relixiosa, e sufraxio censitario.

Despois María Cristina quixo parar as reformas, pero os progresistas opuxeronse o que motivon a súa renuncia á Rexencia e a fuxir para Francia.

REXENCIA DE ESPARTERO: 1840-43

O xeneral Baldomero Espartero era un liberal de prestixio. Asume a rexencia pero goberna dun modo

 

moi despótico que non gusta nin a progresistas nin moderados. Polo que finalmente os moderados fan un pronunciamento, que dirixe o xeneral Narváez, que o obriga a fuxir a Inglaterra.

REINADO PERSOAL DE ISABEL II: 1843-68

O 8 de novembro de 1843, con trece anos, é proclamada raiña.

O seu reinado é moi inestable, con enfrontamentos constantes entre moderados e progresistas.

Isabel II sempre estará vinculada ós moderados, e serán sobre todo os xenerais Narváez e O´Donnell as figuras principais.

O sue reinado divídese en tres etapas:

                DÉCADA MODERADA: 1843-1854

                Os moderados, dirixidos por Nárvaez, van a establecer un modelo liberal moderado, un sistema politicamente autoritario e excluiente, socialmente oligárquico e administrativamente centralista. O sistema baseabase na Constitución de 1845. Esta constitución ampliaba os poderes da raiña, recortaba os dereitos e reducía o sufraxio censitario. A oposición era duramente reprimida (coa Garda Civil), ainda que fan pronunciamentos, pero fracasan (mártires de Carral). Os moderados gobernan con gran corrupción (camarillas políticas) e incluso unha parte deles fan pronunciamentos para forzar un cambio. 

                BIENIO PROGRESISTA: 1854-56

                En 1854 triunfa un pronunciamento progresista, e Isabel II chama a formar goberno a Espartero xunto a xente moderada da Unión Liberal de O´Donnell.

Durante estos anos poñen en vigor a Desamortización xeral de Pascual Madoz de 1855 e a Leu de ferrocarrís. Pero a falta de entendemento entre os dirixentes provoca a caída de Espartero.

 

                ETAPA MODERADA-UNIONISTA: 1856-68

 

                Isabel II mandou fomar goberno a O´Donnel, que dirixe ó grupo da Unión Liberal, un grupo moderado de centro). Goberna sen problemas gracias a boa marcha da economía e a política exterior agresiva.

                A partir do 63 gobernan os moderados que volven á represión, que é maior a partir de 1866. Desde ese ano os opositores: progresistas, demócratas, etc., empezan a preparan un pronunciamento, que desembocará na revolución de 1868 que provocou a expulsión do trono de Isabel II.