NACIÓN E NACIONALISMO

 

Os movementos nacionalistas  xurden, desde finais do XVIII, en contraposición coa revolución liberal.

 

NACIÓN E NACIONALISMO

 

Coa revolución liberal pásase da soberanía do rei á da nación. Por esa razón empeza o debate para definir que é nación.

A Nación pode considerarse como unha comunidade que vive nun territorio e que ten conciencia ou sentimento de pertencer a un colectivo con trazos comúns  que os diferencian dos demais.

 

Dentro das tendencias nacionalizadoras temos varias tendencias:

 

A LIBERAL: destaca os elementos políticos. Nación é igual a un conxunto de individuos que teñen un goberno común e está rexido polas mesmas leis.

 

A HISTORICISTA: destaca elementos culturais. A nación está formada por aqueles que falan a mesma lengua, teñen a mesmea cultura, raza, etc.

 

LIBERAL-HISTORICISTA: mestura ambas concepcións.

 

O NACIONALISMO é a corrente política que considera a propia colectividade como unha nación, cun Estado independiente, e que defende os seus intereses.

O nacionalismo presenta diversas modalidades:

            De afirmación: cando loitan por conseguir que a súa comunidade sexa considerada un estado independiente. Poden aparecer por separación dun estado máis grande ou por unificación de estados pequenos.

            De consolidación: para aumentar os seus valores.

 

UNIFICACIÓN ITALIANA

 

Despois do Congreso de Vienaa península italiana quedou dividida en sete estados, pero a idea de formar una nación estaba moi estendido.

 

Había varias propostas de unificación: una confederación arredor do Papa, crear una república ou unha monarquía.

 

O reino motor da unificación vai a ser o reino do Piemonte-Sardeña, que lograra establecer unha monarquía constitucional en 1849 con Víctor Manuel II. Os artífices serán o rei, Víctor Manuel, e o primeiro ministro Camilo Benso, conde de Cavour.

 

O proceso de unificaciónbeneficiase da labor diplomática e da acción do exército e das Camisas Vermellas que dirixe Garibaldi. En 1861, despois de algunhas batallas, logran proclamar o Reino de Italia. En 1866 anexiona Venecia que estaba en poder de Austria e, finalmente, en 1870 incorporan Roma.

 

 

 

 

 

 

 

UNIFICACIÓN ALEMANA

 

Despois do Congreso de Vienaconstituese a Confederación Xermana formada por 39 estados.

 

Hai varias propostas de unificación estimuladas por intelectuais e pola burguesía comercial. O problema era resolver se  había que incluir ou non a Austria.

 

O reino motor da unificación vai a ser Prusia. O seu rei, Guillermo I  e o primeiro ministro Otto von Bismarck serán os artífices.

 

O proceso de unificación lévasea cabo a través de tres guerras victoriosas:

            1. en 1864, xunto con Austria, contra Dinamarca, para anexionarse os territorios daneses con habitantes alemáns.

            2. en 1866, contra  Austria, par que non entre na unificación. Crease a Confederación Alemana do Norte en torno a Prusia.

            3. en 1870, contra Francia, para forzar a incorporación dos estado do sur e tamén Alsacia e Lorena.

 

O II Imperio Alemán foi proclamado en 1871, no palacio de Versalles en Francia,