ESTADO BURGUÉS E MOVEMENTOS SOCIAIS

 

A maioría dos países de América e Europa estaban gobernados por réximes liberais conservadores nos que a burguesía exercía o poder.

 

CARACTERÍSTICAS DO ESTADO BURGUÉS

 

            Predominio de gobernos liberais conservadores (repúblicas ou monarquías).

            Existencia de Parlamentos subordinados ó Xefe do Estado. Parlamentos con dúas cámaras: Congreso e Senado.

            Participación política (voto) reservado a varóns e propietarios (censatario).

            Aplicación restrinxida de dereitos e libertades: censura de prensa, unha relixión, limitación do dereito de reunión e asociación.

            Primacia do dereito de propiedade e liberdade económica.

            Corrupción do sistema electoral: manipulación e fraude.

            Dominio de dous partidos: un conservador e outro progresista.

            Exaltación do Estado buscando á homoxeinización.

 

            Progresivamente irán introducindo reformas (ampliación voto, dereitos) que conducirán á democracia.

 

AS POTENCIAS BURGUESAS

 

            As principais potencias burguesas son:

 

            Gran Bretaña: Primeira en consolidar fórmulas liberais, primeira potencia industrial e colonial. Época de Victoria I (1837-1901, era victoriana) e Eduardo VII (1901-1910). Dous partidos o Conservador (tory, Disraeli) e o Liberal (whig, Gladstone). Irlanda unida a Inglaterra hasta 1921.

 

            Francia: O Segundo Imperio remata en 1870, comezando oa Terceira República. Dous grandes políticos son Jules Ferry (moderado) e Clemenceau (radical). Gran enemistad con Alemania polo tema de Alsacia e Lorena.

 

            Alemaña: Unifícase en 1870 proclamando o Segundo Imperio. O seu canciller Bismarck é considerado o árbitro das relacións europeas. Logrou manter a Francia illada evitando o desquite pola perda de Alsacia e Lorena.

 

            Estados Unidos: Primeiro estado republicano liberal. Forte desenrolo industrial, conquista do Oeste e Guerra de Secesión (1861-65). Expansión polo Caribe, Pacífico e América do Sur.

 

CONSOLIDACIÓN DO MOVEMENTO OBREIRO

 

            A partir de 1880 consolídase o movemento obreiro que se mantén dividido en socialistas e anarquistas. As accións máis destacadas son:

           

Creación de partidos socialistas: En todo os países crearon partidos socialistas coa intención de acadar o poder. O modelo a imitar e o Partido socialdemócrata alemán (1875). En España, Pablo Iglesias Posse fundou o Partido Socialista Obreiro Español en 1879.

            Creación de sindicatos: En España os anarquistas fundaron a Federación de Traballadores da Rexión Española (1881) e a Confereación Nacional do Traballo  en 1910. Os socialistas crearon a Unión General de Trabajadores en 1888.

           

Movemento internacionalista: En 1889 creouse a Segunda Internacional para renovar a solidariedade obreira. Só entraron organizacións socialistas, destacou a súa loita por: xornada de 8 horas, defensa da paz, rechazo á guerra e ó colonialismo, establecemento do día mundial da loita obreira o Primeiro de Maio (para conmemorar os sucesos do 1º de mayo e seguintes en Chicago), e Día da Muller traballadora, o 8 de marzo, en 1910.

           

Dereitos políticos das mulleres. Cando chega o liberalismo as reivindacións de igualdade das mulleres (Olympe de Gouges, Mary Wollstonecraft) non foron escoitadas. A partir de 1860 xurde e EE.UU, Gran Bretaña, Francia o movemento sufraxista, que loitaba para acadar o voto femenino.Destaca Emmeline Pankhurst. O primeiro país en concedelo foi Nova Celandia en 1893. En España foi aprobado na Constitución de 1931.