SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E TRANSFORMACIÓNS DEMOGRÁFICAS

 

A partir de 1860/70 se producen importantes innovacións técnicas que pemiten falar dunha segunda revolución industrial, que se estendeu por por Europa, América e Xapón.

 

CARACTERÍSTICAS:

-NOVAS FONTES DE ENERXÍA: O carbón segue sendo a fonte fundamental, pero aparece o petróleo e a electricidade que terán múltiples aplicacións.

- NOVOS SECTORES INDUSTRIAIS: destacan: a siderometalúrxiaca (ferro, aceiro, aluminio), a química (colorantes, fibras explosivos, plásticos, pinturas), a eléctrica e os transportes.

-NOVA ORGANIZACIÓN DO TRABALLO: Para producir máis e máis barato introducirónse novos métodos de traballo como o taylorismo que consistía en racionalizar os movementos do traballador para reducir os inútiles e aumentar o rendemento. Henry Ford ideou a montaxe en cadea , a o tempo que aumentaba os salarios para incentivar ó traballador.

-NOVAS FORMAS DE ORGANIZACIÓN EMPRESARIAL, para poder controlar mercados, obter beneficios e contar con grandes recursos. Así desenrólanse as sociedades por accións, o trust (grupo de empresas dun sector da producción controladas por unha mesma dirección), o holding (grupo de empresas controladas por unha sociedade –un banco-), o cartel (relacións entre varias empresas dun sector para fixar prezos, repartir mercado, etc.). Época na que aparecen os grandes magnates: Rockefeller, Morgan (banca) Hearts (prensa), Ritz (hoteles).

 

A REVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA. CAMBIO DO RÉXIME DEMOGRÁFICO

No século XIX prodúcese un forte descenso da mortalidade, que ven motivado por: mellora na alimentación, na medicina (desaparecen enfermedades e aparecen as vacunas) e na hixiene. Ó mesmo tempo na natalidade mantense alta o que produce un forte crecemento da poboación.

 

ÉXODO RURAL E CRECEMENTO DAS CIDADES

                Coa revolución agrícola liberase man de obra que emigra masivamente do campo hacia a cidade. Prodúcese una chegada masiva de xente que transforma a cidade: crecen en superficie, en altura, aparecen barrios con funcións definidas, aparecen redes de transporte e sumidoiros, etc.

EMIGRACIÓN TRANSOCEÁNICA

O forte crecemento do EE.UU propiciaron a saída de uns 55 millóns de europeo entre 1821 e 1924, que aliviaron as tensións entre recursos e poboación en Europa.