REXIONALISMOS E NACIONALISMOS PERIFÉRICOS EN ESPAÑA

 

Xurden na 2ª metade do XIX en Cataluña, País Vasco e Galicia.

As primeiras manifestacións estiveron unidas ao rexurdimento cultural da lingua propia, seguidas das demandas de descentralización do rexionalismo. Posteriormente, evolucionaran hacia o nacionalismo e a defensa da propia comunidade como nación diferenciada da española.

 

O CATALANISMO

 

            A súa orixe está na existencia dun sentimento diferencial baseado na lingua e nas peculiaridades culturais e económicas catalás, que se consideraba marxinado pola centralización. Presenta as seguintes fases:

           

            O REXIONALISMO que reivincaba, desde 1880, a descentralización, o emprego do catalán e certo autogoberno. Había dúas tendencias:

-          A progresistados antigos republicanos federais, liderada por Valentí Almirall. Presentaron un Memorial de agravios a Alfonso XII en 1885.

-          A conservadora, na que destacou  a actividade da Unión Catalanista, que redactou u proxecto de estatuto de autonomía, as Bases de Manresa de 1892.

 

            O NACIONALISMO, a finais do XIX nace a idea de unha nación diferenciada da española. Tamén podemos diferenciar dúas tendencias:

-          A progresista, de tendencia republicana. Liderada por Francisco Macià.

-          A conservadora, liderada por Prat de la Riba e Francisco Cambó e o partido Liga Rexionalista de Cataluña.

 

O NACIONALISMO VASCO

 

            O seu desenvolvemento está ligado á figura de Sabino Arana, no contexto da perda dos privilexios forais e na chegada de inmigrantes a traballar ó País Vasco.

            Arana defendía a independencia de Euskadi (territorios españoles e franceses) e do restablecemento do dereito e costumes vacos. Tamén defendía a relixión católica e a raza vasca. Fundou o Partido Nacionalista Vasco en 1895.

            No século XX segue o seu crecemento e aumentando os éxitos electorais. En 1911 fundaron o sindicato Solidariedade de Traballadores Vascos.

            En 1916 pasou a denominarse Comunión Tradicionalista Vasca, e despois xurdiron diferencias: uns, partidarios de non romper con España e outros (que refundaran o PNV) a favor de loitar pola independencia.

 

O GALEGUISMO

 

            A súa orixe está no recoñecemento da pobreza, atraso, afastamento  e sentimento de aldraxe e esquecemento por parte do goberno de Madrid. Presenta as seguintes fases:

           

            ALICERCES, as primeiras reivindicacións aparecen na década de 1840. É obra da xeneración de 1846 e está unida ó provincialismo. Destacou Antolín Faraldo que defendeu a necesidade con institucións propias de goberno. Destacou temén un pronunciamento fracasado lidéralo por Miguel Solís.

           

            O REXIONALISMO, a partir de 1880. Reivindicaba a descentralización, a autonomía política e a defensa do galego. Hai dúas tendencias:

-          LIBERAL: encabezada por Manuel Murguía. Primeiro en defender a nacionalidade galega diferenciada polo idioma, xeografía, historia e sentimento. Amplia descentralización.

-          CONSERVADORA OU TRADICIONALISTA: liderada por Alfredo Brañas. Defendía a autonomía de Galicia dentro da unidade de España. Pensaba na existencia dunhas cortes galegas formadas por representantes dos gremios ou das clases tradiconais.

 

            O NACIONALISMO, no século XX. Idea de crear unha nación diferenciada polo seu idioma, a súa xeografía e o seu espírito. Destaca a creación das Irmandades da Fala (1916) e os escritos de Antón Vilar Ponte e Vicente Risco. Tamén destaca a fundación da revista Nós (1920) e o Seminario de Estudos Galegos (1923); e xunto a eles a Xeneración Nós. No nacionalismo tamén podemos diferenciar dúas tendencias:

 

-          O nacionalismo democrático. Encabezado polos irmáns Vilar Ponte e Lois Peña Novo. Conseguir un autogoberno para Galicia achegándose ás posturas republicanas.

-          O nacionalismo tradicionalista: dirixido por Antón Losada e Vicente Risco. Máis apolítico. Insistía na propaganda cultural.