A REVOLUCIÓN RUSA E O ESTADO SOVIÉTICO

           

           O Imperio ruso é a denominación que se lle da a Rusia entre 1721 y 1917. Abarcou zonas dos continentes europeo, asiático e norteamericano.

 

           

          O Imperio ruso era unha monarquía hereditaria liderada por un emperador autocrático (zar) desde a dinastía Romanov. O Zar tiña un porde absoluto, sen limitacións.  Había un gran conglomerado de pobos, linguas, costumes e relixións. A relixión oficial do imperio era o cristianismo ortodoxo. O Zar gobernaba con gran dureza, o que non impedía a existencia de organizacións clandestinas que loitaban para derrubar o réxime.

            A capital do imperio foi San Petersburgo (rebautizada en 1914 como Petrogrado).

           

            A economía era básicamente agraria e moi atrasada. So nas grandes cidades hai un forte crecemento industrial, conseguido nunhas condicións moi duras, que propician a axitación revolucionaria.

 

A CAÍDA DO TZARISMO. REVOLUCIÓN DE FEBREIRO DE 1917

           

        O factor decisivo para a caída foi a participación na Primeira Guerra Mundial. As derrotas aumentaban o descontento e a poboación veu aumentar a insuficiencia e carestía dos productos básicos.

      

       En febreiro de 1917 a poboación de Petrogrado protestou pola falta de alimentos e os soldados non reprimiron as protestas. O tzar Nicolás II tivo que abdicar. Coñécese como a revolución de febreiro.

           

      Establécese un goberno provisional que preside Alejandro Kerenski, que pretende construir un réxime liberal burgués semellante ós de Europa occidental. Pero continúa coa guerra e non controla a situación.

 

O TRIUNFO DA REVOLUCIÓN BLOXEVIQUE. A REVOLUCIÓN DE OUTUBRO DE 1917

           

      Desde o comezo das protestas, as organización de esquerdas crearon consellos obreiros, os soviets, formados por delegados dos obreiros e soldados. Estos soviets foron controlados polo partido Bolxevique (socialistas marxistas, comunistas), destacando Lenin (Vladimir Illich  Ulianov)  León Trostki (Lev Davídovich Bronstein) y José Stalin (Iósif Visariónovich Dzhugashvili).

           

          Os bolxeviques foron collendo máis forza gracias o seu programa: paz inmediata, confiscación da terra (propiedade privada) para repartila e todo o poder para os soviets.

        

           En outubro de 1917, os bolxeviques levaron á practica a idea da insurrección armada para tomar o poder. O 25 de outubro a garda vermella, dirxida por Trostki, ocupou o Pazo de Inverno, sé do goberno (o 7 de novembro segundo o calendario occidental).

           

         Un Congreso de Soviets, que se reunía neses momentos, asumiu o poder e nomeou un goberno (Consello de Comisarios do Pobo) dirixido por Lenin.

 

A ÉPOCA DE LENIN E O NACEMENTO DA URSS

           

        Despois de acadar o poder, os bolcheviques toman diversas medidas para facer fronte ós enemigos e transformar o país.

            O goberno fixo públicos os primeiros decretos, os decretos de outubro de 1917, con eles establecíase o socialismo:

 

-          Decreto sobre a terra: a terra deixaba de ser propiedade privada e pasaba a mans do Estado, que a cedía ós campesiños para que a traballasen.

-          Decreto sobre a producción industrial: pasaba a estar controlada polos obreiros.

-          Decreto sobre a banca: quedaba nacionalizada ó igual que o comercio exterior.

-          Decreto sobre las nacionalidades: recoñece a igualdade de todos os pobos de Rusia e o seu dereito á autodeterminación.

-          Decreto sobre a paz: polo que se instaba a buscar a paz con Alemania. Así firmouse o tratado de Brest-Litovsk con Alemania, que supuxo a perda de grandes territorios: Finalandia, Estonia, Letonia, Lituania, Ucrania, etc.

 

           Outra das accións do goberno foi a convocatoria de eleccións a Cortes constituintes, pero como os resultados non foron favorables ós bolcheviques, e a Asamblea elexida, en xaneiro de 1918, non quería recoñecer os decretos de outubro, a garda vermella disolveu as Cortes e devolveu o poder ós soviets.

           

            En xuño de 1918 aprobaron unha Constitución pola que Rusia pasaba a ser unha República Socialista Federativa Soviética Rusa. En 1922, ó incorporarse á Federación Ucrania, Bielorrusia e Transcaucasia, creouse a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS).

           

         O goberno tamén tivo que facer fronte a unha guerra civil (1918-1921). Os antibolxeviques organizaron un exército, o exército branco; pero o exército vermello logrou derrotalos.

 

         En 1921, como a situación económica era mala e había un gran descontento debido á guerra civil e o comunismo de guerra, tiveron que por en marcha novas medidas económicas que deron lugar á Nova Política Económica (NEP). Con estas medidas acababase co comunismo de guerra e volvíase en algúns campos ó capitalismo. Intentaban impulsar a producción e gañar o apoio campesiño permitindo quedarse con parte das produccións para poder vendelas, tamén ter pequenas empresas e cooperativas.

 

       Finalmente, para impulsar o desenrolo do comunismo no mundo e derrubar o capitalismo, favoreceron a construcción da Terceira Internacional ou Internacional Comunista (1919). Só podían entrar os partidos políticos que se denominasen comunistas.

 

 A ERA DE STALIN

 

       Lenin morre en 1924 e a partir de ese momento aumentan os enfrontamentos polo control do poder. O poder queda en mans de un triunvirato ou troika que forman Stalin (que é o secretario xeral do partido), Kamenev e Zinoviev, e que ten a oposición de Trotski. Finalmente acéptase a teoría stalinista sobre a consolidación da revolución en Rusia fronte á revolución permanente e internacional de Trostki. Este deixa os seus cargos, será expulsado do partido e abandona a URSS en 1929.

           

        Durante esos anos Stalin desfaise tamén do resto de competidores e acumula os cargos de Xefe de Estado e Secretartio Xeral do PCUS. Desde ese momento ponse en marcha a súa política, que se pode sintetizar en:

 

            -Construcción do socialismo en Rusia, como paso previo ó socialismo internacional.

            -Concentración de todo o poder.

            -Eliminación de calquera oposición e culto á personalidade de Lenin.

           

      Para desenrolar estas ideas ponse en marcha unha nova economía. A característica principal será a planificación económica. O Estado vai a dirixir a economía e para eso vai a por en práctica os chamados Plans quinquenais. Nestes plans vaise a priorizar as industrias de base, as de producción de enerxía e armamentos. Os seus progresos convertirán a Rusia nunha potencia mundial.

           

      Para o desenrolo da agricultura puxeron en marcha os procesos de colectivización agraria. Os campesiños foron obrigados a integrarse nos Koljoses, granxas colectivas ás que o Estado lle marca os productos e as cotas de producción. O campeniño ten en propiedade a casa e unha pequena horta. Para aumentar a producción tamén se puxeron en marcha os Sovjoses, granxas estatais con man de obra asalariada. Para facilitar o acceso á maquinaria puxeron en marcha as Estacións de Maquinaria, MTS.

           

     Calquera protesta contra estas medidas era solucionada con unha gran represión, o terror, sendo frecuentes as “purgas” ou “depuracións”. En 1939, cando o Partido declara o final das purgas, só se manteñen os íntimos de Stalin.