OS PRIMEIROS MONARCAS BORBÓN EN ESPAÑA

 

OS PRIMEIROS MONARCAS BORBÓN EN ESPAÑA

 

A CHEGADA DOS BORBÓN

 

No século XVIII chega a España a dinastía dos Borbón que sustitue á dos Austrias.

En 1700 morreu sen fillos Carlos II de Austria. As autoridades españolas proclamaron rei a Felipe d´Anjou (da casa Borbón de Francia) co nome de Felipe V.

Algúns países europeos e a Coroa de Aragón non o aceptan e prefiren ao arquiduque Carlos de Habsburgo.

Iniciose unha guerra, chamada guerra de Sucesión que vai de 1700 a 1715. Esta guerra remata nos tratados de Utrech (1713) e de Rastadt (1714). Nestos tratados acordan:

- Felipe V rei de España e América, pero non podría unir o reino de Francia.

- Austria recibe de España: Milán, Nápoles, Flandes, Sardeña…

- Saboia recibe Sicilia.

- Inglaterra recibe Xibraltar e Menorca e o permiso para comerciar e o monopolio de comercio de esclavos con América.

 

AS REFORMAS DOS BORBÓN

 

FELIPE V (1700-1746)

 

Os reis Borbón van a facer unhas reformas para centralizar e uniformizar o reino e aumentar o seu poder absoluto.

As principias reformas son:

Abolición dos privilexios forais dos reinos de Aragón. Felipe V cando conquista estos territorios, e como castigo, eliminañe os privilexios e instituicións propias. Faino a través das leis coñecidas como Decretos de Nova Pranta (Aragón 1707, Mallorca 1715 e Cataluña 1716).

Reorganización e centralización administrativa: Reduce o número de Consellos e potencia as Secretarias de despacho (ministerios), crea intendentes, etc.

Intentou recuperar os territorios perdidos en Italia: recuperou Nápoles e Sicilia (para Carlos) e os ducados de Parma, Plasencia e Guastalla (para Felipe).

 

 

FERNANDO VI (1746-1759)

 

Buscou a paz e a neutralidade para

Potenciar e economía interna: melloras na facenda, comercio, armada, etc.

Intentou aumentar o seu poder subordinando a Igrexa. En 1753 firma un Concordato con Roma que lle da o dereito a presentar os candidatos a obispo.

 

CARLOS III (1759-1788)

 

Durante o seu reinado aumentan as reformas xa que é un rei ben preparado e contou coa colaboración de persoas con formación ilustrada. Entre as súas reformas destacamos:

a) No referente ó fortalecemento do estado: Aumentar os poderes do rei, aumentar a administración, mellorar os concellos, máis tribunais de xustiza, bandeira para a monarquía.

b) No referente á agricultura, buscando aumentar a producción. Limitar os privilexios da Mesta, impulsar a colonización de novas terras (Serra Morena, Olavide), construcción dalgunha infraestructura de regadío, impulsar os programas de Reforma Agraria (1) para aumentar os propietarios e arrendatarios. Entre estes programas destacamos os de Campomanes, Olavide e Jovellanos.

c) En canto ó comercio: Crear mercados de bens e capitais fomentando o transporte e a libre circulación de mercadorías (libre circulación de gran en 1765, fin do monopolio comercial de Cádiz con América, creación do banco de S. Carlos en 1782). Fomento para a creación de compañía comerciais privilexiadas cunha zona e cun producto.

d) No referente á industria: Apoiar a actividade industrial liberalizando o proceso de fabricación que ós gremios), establecendo aranceis e asinando tratados comerciais para defender a industria nacional. Un dos esforzos máis interesantes foi o apoio ás Sociedades Económicas de Amigos do País; a primeira foi fundada polo conde de Peñaflorida no 1765 coa intención de fomentar a agricultura, industria e comercio. Potenciar a industria do campesino (a tempo parcial). Defender o valor do traballo artesanal (que e compatible coa nobreza).

e) Reformas educativas: Defenderon os ilustrados a necesidade dunha ensinanza útil e práctica. En consecuencia adoptaron unha serie de iniciativas entre as que destacamos: creación das Reais Academias, paso das universidades á xurisdicción real, apoio ós manteistas (universitarios non privilexiados) en detrimento dos colexiais, creación dos Estudios de S. Isidro con plans modernos de ensinanza, fundación de novas institucións culturais e científicas (Jardín Botánico).

f) Política regalista coa Igrexa: pretende o control e sometemento da igrexa ó Estado. Esta política implica: restricción dos dereitos temporais do clero, freo á Inquisición, expulsión dos Xesuítas en 1767.

 

 

DIFICULTADES DAS REFORMAS DE CARLOS III

 

As reformas plantexadas chocaron coa oposición das clases populares por ignorancia e dos privilexiados que non querían perder os privilexios.

Un exemplo desa oposición foi o Motín de Esquilache de 1766. Carlos III chegou a España con asesores extranxeiros e comenzou a facer reformas. Unha desas foi a proposta de Esquilache de suprimir capas longas e sombreiros de aba ancha. A xente descontenta pola subida dos alimentos e movida polos privilexiados comezou a facer tumultos. Así Carlos III tivo que parar as reformas e prescindir dos asesores extranxeiros.

Pese a eso, Carlos III, en 1767, decretou a expulsión dos Xesuitas, por non someterse ó poder do rei (problema do 4 voto –obediencia ó Papa-) e ser promotores dos motíns. Despois continuaron as reformas, pero sempre lentas e sen profundizar.

 

ENFRONTAMENTOS CON INGLATERRA

 

Veñen dados ás rivalidades comercias e á posesión de Xibraltar e Menorca. Temos dúas guerras. A Guerra dos Sete Anos (1756-63), na que perdemos e entregamos Florida e a guerra de Independencia norteamericana; a derrota de Inglaterra nos permite recuperar Menorca e Florida.

 


(1) Campomanes: “Tratado de la regalía de la amortización”, 1765 y “Memorial ajustado del Expediente para una Ley Agraria” ,1795. Olavide: “Expediente de Ley Agraria”, 1784. Jovellanos: “Informe sobre la ley agraria”.