A GALICIA BORBÓNICA NO SÉCULO XVIII

A GALICIA BORBÓNICA NO SÉCULO XVIII
PRINCIPAIS REALIZACIÓNS DOS BORBÓN EN GALICIA

Entre as principais realizacións destacamos:

A creación da INTENDENCIA do Reino de Galicia, establecida por Felipe V, para o abastecemento do exército, mellorar as fortificacións, etc.

O reforzamento das defensas costeiras.

A construcción do asteleiro e arsenal de Ferrol, a partir de 1746 con Fernando VI.

O establecemento do servizo de correos marítimo con América e a autorización ó porto da Coruña para comerciar directamente con América.

ATAQUES INGLESES ÁS COSTAS DE GALICIA

Durante o XVIII continuaron os ataques as costas galegas destacando:

Ataque anglo-holandés a Vigo en 1702. Vigo foi tomada e enfrontáronse en Rande sendo afundidos varios navíos españoles.

En 1719, como resposta a un intento de invasión de Escocia, os ingleses atacaron varios portos, desde Ribadeo a Fisterra.

Varios ataques a Ferrol coa intención de tomar o arsenal, sempre rexeitados.

FIDALGOS E COMERCIANTES

Os fidalgos
foron o grupo dominante que controlaba o poder municipal e xudicial. A súa fonte de riqueza era o cobro das rendas dos foros, actuando de intermediarios entre os propietarios das terras e os foreiros. O pazo era o símbolo do seu estatus.

Os comerciantes aumentaron a súa forza e o seu número gracias ós beneficios do comercio con América. Destacamos a Antonio Raimundo Ibáñez impulsor das Reais Fábricas de Sargadelos e ós comerciantes cataláns que introduciron novas técnicas de pesca e salgadura da sardiña.

A ILUSTRACIÓN EN GALICIA

A difusión das ideas ilustradas débese a eclesiásticos como Feixoo e Sarmiento e a fidalgos como Cornide.
Trazos do seu pensamento son:
Propostas de tipo moderado que se centran no crítica e abusos dos privilexiados.
As medidas eran: melloras na agricultura e gandería, na producción artesanal, etc.
Tamén se crearon diversas institución ilustradas como: O Real Consulado establecido na Coruña en 1785 e a Sociedade Económica de Amigos de País de Santiago e Lugo.