O LIBERALISMO

O liberalismo é una ideoloxía e unha práctica económica e política que defende a liberdade como principio básico.

Nace a finais do XVIII e é a base do programa das revolucións burguesas que quería acabar co modelo de monarquía absoluta.

PRINCIPIOS XURÍDICOS, POLÍTICOS E ECONÓMICOS

1.        O INDIVIDUO é a base sobre a que se asentan as relacións políticas, económicas e sociais. O interés individual está por riba de calquera outro.

2.      O individuo posee dereitos e libertades inalienables que a sociedade debe protexer e defender. (Vida, liberdade, propiedade, etc.).

3.      Todos os individuos son iguais ante a lei, non hai privilexios.

4.      Todos os cidadáns teñen dereito á participación política no goberno mediante a elección dos representantes (dereito de voto ou sufraxio).

5.      A SOBERANÍA reside na nación formada polo conxunto de cidadáns que viven nun país. Trátase da soberanía nacional, que é exercida polas autoridades e institucións elexidas.

6.      Os poderes do estado deben estar separados, o executivo no Goberno, o lexislativo no Parlamento e o xudicial nos tribunais de xustiza.

7.      A existencia dunha Constitución que recolla os dereitos, as liberdades e as bases do sistema.

8.      A liberdade de mercado, empresa e traballo, sen intervención do Estado. O mercado regúlase através da oferta e da demanda. O estado só debe eliminar os atrancos para permitir a libre e igual concurrencia ó mercado.

9.      Defensa da propiedade privada.

 

TENDENCIAS DO LIBERALISMO

 

            LIBERALISMO MODERADO OU DOUTRINARIO

Defendía as ideas anteriores pero reservadas as clases máis ricas. Sufraxio censitario moi reducido.

           

            LIBERALISMO PROGRESISTA

Defendía a extensión da participación á clases máis modestas. Sufraxio censitario máis amplo. Despois aparecerá un liberalismo democrático que defenderá o sufraxio universal.