Baseándote nos seguintes documentos debes compoñer un texto sobre a crise da Restauración. Aberta coa perda das colonias ultramariñas en 1898, ao longo das primeiras décadas do século XX a crise vaise acentuando e manifestando en diferentes ámbitos: a disposición do Exército a tutelar a vida política (Doc.1), a crecente confl itividade social (Doc.2), os problemas bélicos en Marrocos (Doc. 3) e a exasperación da inestabilidade gubernamental (Doc.4) son algúns dos seus máis importantes síntomas. O pronunciamento de Primo de Rivera (Doc.5) supón o fi nal do réxime constitucional.

 

Doc. 1.-Artigo publicado na revista El Ejército Español en 1905:

 

“Aos separatistas cataláns dilles que xa rematou a época das contemplacións; que de hoxe en adiante non se poderá berrar ‘¡Morra España!’ sen que quen o berre saiba que é perigosísimo o berralo. Aos gobernos dilles que tamén pasou a época en que poidan amosarse débiles; que é preciso arrincar de raíz a semente separatista custe o que custe. E ás Cortes dilles así mesmo que se por imprevisión dos lexisladores non hai leis contra o separatismo, as fagan axiña, porque entrementres o Exército aplicará a lei suprema, a que dita o seu inquebrantable amor a España unha e intanxible”.

 

Doc. 2.-A UGT e a CNT convocan unitariamente a folga xeral en agosto de 1917:

 

“Pedimos a constitución dun Goberno Provisional que asuma os poderes executivo e moderador, e prepare, previas as modifi cacións imprescindibles nunha lexislación viciada, a celebración de eleccións sinceras, dunhas Cortes Constituíntes que aborden en plena liberdade os problemas fundamentais da constitución política do país. Mentres non se acade ese obxectivo, a organización obreira está absolutamente decidida a manter a súa actitude de folga.

Cidadáns: non somos instrumentos de desorde, como na súa impudicia nos chaman con frecuencia os gobernantes que padecemos. Aceptamos unha misión de sacrifi cio polo ben de todos, pola salvación do pobo español, e solicitamos o voso concurso. ¡Viva España!”.

 

Doc. 3.-Viñeta alusiva ao desastre de Annual (1921):   

 

 

 

 

 

 

 

  Doc. 4.-A inestabilidade dos gobernos entre 1917 e 1922:

 

ANO

TOMA POSESIÓN

CARÁTER POLÍTICO

1917

19 de abril

Concentración liberal

1917

11 de xuño

Conservador

1917

3 de novembro

Concentración liberal

1918

22 de marzo

Concentración nacional

1918

9 de novembro

Concentración liberal

1918

5 de decembro

Liberal

1919

15 de abril

Conservador

1919

20 de xullo

Conservafor

1919

12 de decembro

Concentración

1920

5 maio

Conservador

1921

8 de marzo

Interino

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Doc. 5,-En setembro de 1923, o xeneral Primo de Rivera xustifica así o seu golpe de Estado, aprobado pola Coroa:

“Españois: Chegou para nós o momento máis temido que esperado (...) de atender o clamoroso requirimento de cantos amando á Patria non ven para ela outra salvación que liberala dos profesionais da política, dos homes que por unha ou outra razón nos ofrecen o cadro de desventuras e inmoralidades que comezaron o ano 98 e ameazan a España cun próximo fi n tráxico e deshonroso. A mesta rede da política de concupiscencias colleu nas súas mallas, secuestrándoa, ata a vontade real (...).

Pois ben, agora irnos recabar tódalas responsabilidades e gobernar nós ou homes civís da nosa moral e doutrina.

Non temos que xustificar o noso acto, que o pobo san demanda e impón. Asasinatos (...), atracos, depreciación da moeda (...), rastreiras intrigas políticas tomando por pretexto a traxedia de Marrocos (...), precaria e ruinosa a producción agrícola e industrial, impune propaganda comunista, impiedade e incultura, xustiza influída pola política, descarada propaganda separatista (...). Non vimos chorar mágoas e vergoñas, senón poñerlles pronto radical remedio, para o que requirimos o concurso de tódolos bos cidadáns”.