Os seguintes documentos permiten realizar unha composición sobre a evolución da política económica durante o franquismo. A partir deles débese distinguir entre a etapa de autarquía (Docs.l y 2) e a de “desarrollismo” (Docs. 3-6). Para a primeira, o Doc. 1 presenta as súas directrices esenciais e o Doc. 2 un balance da mesma; para a segunda, o Doc. 3 aporta as razóns xustifi cativas, o Doc. 4 permite achegarse a unha das manifestacións do cambio económico, e os Docs. 5 e 6 a dous fenómenos chave para entender as transformacións económicas.

 

Doc.1.-” Fundamentos y directrices de un Plan de saneamiento de nuestra economía, armónico con nuestra reconstrucción nacional” (1939), por Francisco Franco:

“O problema máis grande que se presenta á economía española é o desnivel desfavorable da nosa balanza de pagos co estranxeiro (...). Suprimilo ten que constituir a directriz principal da nosa política económica, xa que, de outra maneira, se produciría o fenómeno de que a riqueza nacional continuase a esgotarse nesta sangría de centos de millóns que anualmente vai vigorizar a economía dos países exportadores (...). Imponse á nosa política comercial no exterior:

1°. Suprimir importacións que non sexan indispensables.

2°. Reducir aquelas que poidan ter un substitutivo ou permitan esta redución.

3°. Implantación de novas industrias e regos que nos faciliten os productos que hoxe importamos.

4°. Intensifi car as nosas exportacións, mesmo primándoas”.

 

Doc.2.-O historiador J. L. García Delgado valora así a política autárquica:

“O signifi cado último desa pobreza de resultados durante a etapa inicial do franquismo ten unha dobre dimensión: por unha banda, supón o remate do proceso de crecemento moderado pero mantido que se prolonga en España durante o último tercio do século XIX e o primeiro do XX; por outra banda, ocasiona o ancheamento da fenda que separa a traxectoria de España respecto á de outros países europeos; unha diferencia que, en ritmos de crecemento e de produto real por habitante, se amplía enormemente durante eses anos. Non se esaxera, por conseguinte, cando se sitúa nese decenio dos anos corenta a pasaxe máis negativa da nosa historia económica e contemporánea, coa cruenta eliminación dos partidos políticos e organizacións de clase, con ríxida disciplina laboral e drástica fi xación de salarios, con mutilación das liberdades individuais e a perda, nuns casos, e marxinación noutros, dun capital humano irrecuperable. En suma, o fracaso económico correu entón paralelo á regresión política e social”.

 

Doc.3.-Decreto-Lei de 20 de xullo de 1959, coñecido como Plan de Estabilización:

“Ao remate da Guerra de Liberación, a economía española tivo que se enfrontar co problema da súa reconstrución, que se vía retardada naqueles momentos pola insufi ciencia dos recursos (...) como consecuencia da contenda. A guerra mundial e as repercusións que trouxo consigo aumentaron estas difi cultades e pecharon gran parte dos mercados e fontes de aprovisionamento normais (...). Superadas aquelas circunstancias, chegou o momento de iniciar unha nova etapa que permita colocar a nosa economía nunha situación de máis ampla liberdade, de acordo coas obrigas asumidas por España como membro de pleno dereito da OECE. A maior fl exibilidade económica que se establecerá gradualmente non supón en ningún caso que o Estado abdique do dereito e da obriga de vixiar e fomentar o desenvolvemento económico do país”.

 

Doc.4.-O Seat 600, un dos emblemas do “desarrollismo”: Photobucket

 

 

 

Doc.5.-Emigración exterior entre 1951e 1980:

 

ANOS                            AMERICA                      EUROPA

1951-60                         668.003                          ----

1961-70                         232.221                          779.592

1971-80                         51.663                            447.794

 

 

Doc.6.-Evolución do número de turistas, 1961-1973:

 

ANO                                        Nº (MILLÓNS)

 

1961                                      7,4

1964                                      14,1

1967                                      17,8

1970                                      24,1

1973                                      34,5