Os documentos seguintes permiten elaborar unha composición sobre a evolución política da Segunda República ata o golpe de estado de xullo de 1936. Tal evolución estivo en gran parte marcada polos resultados das diferentes eleccións a Cortes (Doc.l). Na primeira etapa, a composición do Parlamento posibilita a promulgación dunha Constitución (Doc.2) que abre o camiño a importantes reformas en diferentes ámbitos; o triunfo das dereitas en 1933 supon un xiro esencial, manifesto xa no programa electoral que se pretende aplicar (Doc.3); por último, o resultado electoral de 1936 reinicia de xeito acelerado a política de reformas (Doc.4), pero coa ameaza crecente dun golpe como o que se denuncia no Doc.5. Lembra que debes apoiarte nas fontes subministradas para elaborar a túa redacción.

 

Doc.l.-Gráfico simplificado (esquerdas/dereitas) dos resultados electorais de 1931, 1933 e 1936:    

Photobucket

 

 

 

 

Doc.2.-Constitución de 1931:         

             “Art.1. España é unha República democrática de   traballadores de toda clase, que se organiza en réxime de liberdade e de xustiza (...). A República constitúe un Estado integral, compatible coa autonomía dos municipios e das rexións (...).

            Art.3.-O Estado español non ten relixión oficial (...).

            Art.39. Os españois poderán asociarse ou sindicarse libremente (...).

            Art.44. Toda a riqueza do país, sexa quen for o seu             dono,   está subordinada ós intereses da economía            nacional (...). A propiedade de toda clase de bens   poderá ser obxecto de expropiación forzosa por causa de utilidade social mediante adecuada indemnización (...). Cos mesmos requisitos apropiedade       poderá ser            socializada (...).

            Art.48. A ensinanza primaria será gratuita e obrigatoria.     A ensinanza será laica (...)”.

 

                                             

Doc.3.-En outubro de 1933, o xornal ABC publica o programa electoral da candidatura antimarxista por Madrid:

            “Os candidatos da coalición antimarxista defenderán resoltamente e por riba de todo a necesidade dunha inmediata derogación (...) dos preceptos, tanto constitucionais coma legais, inspirados en designios laicos e socializantes (...); traballarán sen descanso para acadar a cancelación de tódalas disposicións confiscadoras da propiedade e persecutorias das persoas, das Asociacións e das crenzas relixiosas (...). A impedir que a política anticatólica, antieconómica e antinacional, representanda polo socialismo e os seus subalternos (...), prevaleza (...) na gobernación do Estado, irán vigorosa e enerxicamente encamiñados tódolos nosos esforzos”.

 

Doc 4.-En xaneiro de 1936, a Fronte Popular presenta o seu pacto-programa:

            “Como suposto indispensable de paz pública, os partidos coaligados comprométense:

1°. A conceder por lei unha amplia amnistía dos delictos político-sociais cometidos posteriormente a novembro de 1933 (...). Restablecerán o imperio da Constitución (...).

Derogarán inmediatamente a vixente lei de arrendamentos (...). Consolidación na propiedade, previa liquidación, ós arrendatarios antigos e pequenos (...). A República ten que considerar o ensino como atributo indeclinable do Estado (...). Pularán, co ritmo dos primeiros anos da República, a creación de escolas de primeira ensinanza”.

 

Doc 5.-José Díaz, secretario xeral do PCE, denuncia nas Cortes a existencia dun complot contra o gobernó da Fronte Popular (15 de xullo de 1936):

            “Señor Gil Robles (...), estamos completamente seguros de que en moitas provincias de España se están a facer preparativos para o golpe de Estado (...). Todos estamos vixiantes, a fin de que non poidades levar a cabo os vosos intentos porque, de facelo así, levaredes a España polo camiño polo que a levastes neses dous anos de represión, de fame e de descrédito para o país. Nós non queremos esa España, senón unha España democrática, onde haxa benestar para os obreiros e para as clases populares (...). Non queredes acatar o que representou o triunfo do 16 de febreiro, e de aí a vosa política e a vosa actuación”.