Un rasgo destacado na España contemporánea é a reiterada intromisión do Exército na vida política. O pulo do líberalismo durante a crise do Antigo Réxime (Doc.l), o apoio ás súas diferentes faccións no período isabelino (Doc.2) e mesmo a promoción da democracia en 1868 marcan as súas actuacións iniciais; pero a partir da Restauración (Doc.3) irán gañando terreo posturas cada vez máis conservadoras e reaccionarias, que cristalizarán no século XX en fórmulas autoritarias (DocsA e 5), coa longa ditadura franquista como máxima expresión. Lembra que na túa exposición debes referirte aos documentos propostos, pois non se trata de elaborar un tema á marxe dos mesmos.

 

Doc.l.-Manifesto que dirixe á Nación Española Juan Díaz Porlier o 21 de setembro de 1815:

“O noso obxecto é o de España enteira: unha monarquía sometida a leis xustas e sabias, e constituida dunha maneira que sexa garantía, o mesmo das prerrogativas do trono que dos dereitos da nación. Pedimos a convocatoria de Cortes nomeadas polo pobo, e que estas teñan liberdade de facer na Constitución proclamada polas Cortes extraordinarias, os cambios que esixe a nosa situación (...). Firmes na nosa resolución, non deixaremos as armas (se nos vemos na obliga de recorrer a elas) antes de obter o que pedimos”.

Doc.2.-Así interpreta un comentarista da época a presenza militar na política (Elpensamiento de la nación, 1846):

“As queixas contra a preponderancia militar datan xa de moito tempo; hai longos anos que as fraccións liberáis se acusan unhas as outras polos estados de sitio; e unha provincia en estado de sitio é unha provincia entregada ao poder militar. O que en 1834 e 1835 dicían os progresistas contra os moderados, dixeron os moderados contra os progresistas en 1836 e 1837; ata 1840 tocoulles a quenda aos progresistas repetir os mesmos cargos, que logo reproduciron os moderados ata 1843; desde o pronunciamento de xuño do mesmo ano, quéixanse outra vez os progresistas. Se algún día os moderados sucumben, é probable que os progresistas lles ofrecerán abundantes motivos para a terceira edición de idénticas reclamacións. O nome das persoas e dos homes non signifi ca nada: o feito é o mesmo. Desde a morte de Fernando VII a preponderancia estivo no poder militar (...); as cortes e os ministerios non puideron facer nada contra a forza das armas”.

Doc.3.-O historiador Raymond Carr analiza a infl uencia militar na política da Restauración:

“Ata a Restauración da monarquía en 1874, o instrumento efectivo de protesta e cambio políticos foi o Exército, que parecerá perder este papel como consecuencia da “desmilitarización” da política realizada por Cánovas. Ata 1923, agás o levantamento republicano de Villacampa, ningún xeneral iniciou un pronunciamento.

Esta apariencia civil da vida política da Restauración é engañosa: os xenerais deixaban a política aos civís só a condición de que estes non tocaran o Exército e de que eles mesmos seguiran a ser fi guras infl uíntes na vida política. O tenente xeneral Martínez Campos (...) era consultado en tódalas crises políticas importantes, e a España conservadora dirixírase ao xeneral Polavieja para que a salvara en 1898-99 (...). O ministro da Guerra foi sempre un xeneral, e o orzamento militar unha “reserva sacrosanta” ante a cal os políticos civís experimentaban inhibición total”.

Doc.4.-Declaración ante a prensa de Primo de Rivera, 16 de setembro de 1923:

“Eu non son un ditador. Ninguén pode, con xustiza, aplicarme esta denominación. Son un home a quen os seus camaradas de armas, acaso erróneamente, honraron coa difícil misión de dirixir a reconstrucción da Patria”.

Doc.5.-O xeneral Franco, caudillo de España, na compaña de Adolf Hitler en 1940:

FRANCO Y HITLER EN HENDAYA