A partir dos seguintes documentos debes elaborar un comentario sobre a situación que se viviu en España logo da guerra civil. No ámbito da política interior, o elemento esencial foi a instauración dun réxime político autoritario, comezada xa durante a contenda bélica, marcando as diferenzas coas democracias parlamentarias (Doc.1), e que atoparía a súa concreción en diferentes textos legais. A economía dos longos anos de posguerra estivo marcada pola política autárquica (Doc.2), con obxectivos nunca acadados. E polo que respecta ás relación internacionais, o réxime franquista pasou dunha franca amizade cos países do Eixo (Doc.3) a sufrir o illamento internacional ao remate da Segunda Guerra Mundial (Doc.4). Lembra que a redacción que elabores debe ter en conta as fontes documentais subministradas, pois non se trata de elaborar un tema á marxe delas.

 

Doc.1.-Discurso de Francisco Franco (18 de xullo de 1938), en conmemoración do Alzamiento Nacional:

Correspóndenos a paladinaxe dunha fe, unha civilización e unha cultura gravemente ameazadas polos principios roxo-comunistas (...). Á irresponsabilidade política dos partidos liberais, sucede a unidade da nosa Cruzada, orgánicamente constituída; a un Estado neutro e sen ideais, substitúeo o misional e totalitario, que orienta o pobo sinalándolle o camiño (...).

Hai que soldar ao pobo, dividido polos partidos; hai que unir medio século de separacións; hai que borrar os prexuízos da loita de clases (...); hai que elevar os principios do Movimiento”.

 

Doc.2.-“Fundamentos e directrices dun Plano de saneamento da nosa economía, harmónico coa nosa reconstrución nacional” (1939), por Francisco Franco:

“O problema máis grande que se presenta á economía española é o desnivel desfavorable da nosa balanza de pagos co estranxeiro (...). Suprimilo ten que constituír a directriz principal da nosa política económica, xa que, doutra maneira, se produciría o fenómeno de que a riqueza nacional continuase a esgotarse nesta sangría de centos de millóns que anualmente vai vigorizar a economía dos países exportadores (...) Imponse á nosa política comercial no exterior:

1º. Suprimir importacións que non sexan indispensables.

2º. Reducir aquelas que poidan ter un substitutivo ou permitan esta redución.

3º. Implantación de novas industrias e regos que nos faciliten os produtos que hoxe importamos.

4º. Intensificar as nosas exportacións, mesmo primándoas”.

 

Doc.3.-Entrevista de Franco e Hitler en Hendaia (1940):

Photobucket

 

 

 

Doc.4.-En decembro de 1946, a Asemblea Xeral da ONU condena o réxime de Franco:

“A) Pola súa orixe, natureza, estrutura e comportamento xeral, o réxime de Franco é un réxime fascista, organizado e implantado en grande parte mercede á axuda da Alemaña nazi e da Italia

fascista de Mussolini.

B) Durante a longa loita das Nacións Unidas contra Hitler e Mussolini, Franco prestou unha axuda moi considerable ás potencias inimigas, malia as continuas protestas dos aliados (...).

A Asemblea Xeral, convencida de que o Goberno fascista de Franco en España (...) non representa ao pobo español (...), recomenda que se prohíba ao Goberno de Franco pertencer aos organismos internacionais creados polas Nacións Unidas ou relacionados con elas (...).

Así mesmo, a Asemblea recomenda que todos os Estados membros das Nacións Unidas retiren

inmediatamente os embaixadores e ministros plenipotenciarios que teñen acreditados