Os seguintes documentos ilustran sobre as institucións e/ou persoas que son depositarias da soberanía segundo catro constitucións da España do século XIX. Na túa exposición, trata de diferenciar os distintos tipos de soberanía que estes ordenamentos constitucionais implican (soberanía nacional, soberanía compartida, soberanía popular). En todo caso, debes contextualizar os documentos na súa época en relación cos réximes políticos que orixinan ou reflicten, marcando as diferencias esenciais entre eles.
Doc.1.-A Constitución de 1837:
“Sendo a vontade da nación revisar, en uso da súa soberanía, a Constitución política promulgada en Cádiz o dezanove de marzo de mil oitocentos doce, as Cortes Xerais congregadas a este fin, decretan e sancionan a seguinte Constitución da Monarquía Española”.
Doc.2.-A Constitución de 1845:
“Dona Isabel II, pola gracia de Deus e da Constitución da Monarquía Española, Raíña das Españas (...), sabede: Que sendo a nosa vontade e a das Cortes do Reino regularizar e poñer en consonancia coas necesidades actuais do Estado (...), modificando ao efecto a Constitución promulgada o 18 de xuño de 1837, viñemos, en unión e de acordo coas Cortes actualmente reunidas, en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española”.
Doc.3.-A Constitución de 1869:
“A Nación Española, e no seu nome as Cortes Constituíntes elixidas por sufraxio universal, desexando afianzar a xustiza, a liberdade, a seguridade (...), decretan e sancionan a seguinte Constitución”.
Doc.4.-A Constitución de 1876:
“Don Alfonso XII, pola gracia de Deus Rei constitucional de España (...), sabede: que en unión e de acordo coas Cortes do Reino actualmente reunidas, viñemos en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española”.