COMENTARIO TRANSICIÓN. SETEMBRO 2010.

 

 

 

Tras a morte de Franco o 20 de novembro de 1975 instaurouse en España a etapa da transición democrática que culminou na elaboración e aprobación da Constitución de 1978. O consenso das forzas políticas logrado polo presidente Adolfo Suárez foi decisivo para lograr que a transición da ditadura á democracia se realizase en paz e orde, valores únicamente alterados pola actividade de grupos extremistas que usaron o terrorismo para alterar o proceso.Un papel moi importante xogouno tamén, o rei D. Juan Carlos I, facilitando e potenciando a democratización de España, destacando a súa actitude nun dos momentos más críticos da nova democracia, o intento de golpe de Estado involucionista do 23 de febrero de 1981,  que pretendía retornar ao pasado ditatorial. Desde o restablecemento da democracia sucedéronse os gobernos sustentados polos partido da UCD, PSOE e PP, que foron introducindo cambios políticos, económicos, sociais e culturais que permitiron que España se consolidase como un país democrático e integrado nas institucións da Europa comunitaria.

 

O proceso da transición á democracia caracterizouse por:

 

-          Ser graduado no tempo, é dicir, os responsables políticos organizaron as tarefas básicas por prioridades

 

-          Estivo baseado nun equilibrio de reforma-ruptura, que permitiu a desaparición , desde a legalidade, das institucións franquistas sen recorrer á ruptura revolucionaria

 

-          Estar baseado no consenso entre as forzas políticas para así favorecer a reconciliación social

 

-          Os cambios acordados polas forzas políticas foron lexitimados mediante a consulta popular( referendo da Lei de reforma política, eleccións do 77, referendo da Constitución do 78)

 

Grazas a este proceso España configúrase como un Estado social e democrático de Dereito, que adopta a forma política da Monarquía Parlamentaria baseada na soberanía nacional, a liberdade, o pluralismo ideolóxico e a convivencia democrática.

 

 

 

Tras a morte de Franco , D. Juan Carlos I foi proclamdo Rei de España ante as Cortes, o día 22 de novembro de 1975 e pronunciou o seu primeiro discurso. O día 27 realizouse a ceremonia  de coroación na igrexa dos Xerónimos de Madrid.Durante a cerimonia , o cardeal Vicente Enrique Tarancón pronunciou unha homilía na que expuso a postura da Igrexa ante as novas circunstancias. O rei mantivo como presidente de Goberno, a Carlos Arias Navarro pero ante o seu inmobilismo e a súa ineficacia para afrontar as necesarias reformas democráticas, o monarca presionou para que Arias presentase a súa dimisión o 1 de xullo de 1976.  O día 3 o rei elixe a Adolfo Suárez ante a sorpresa de todos e a decepción da oposición, pois parecía representar a liña continuista do franquismo, época na que desempeñara importantes cargos( gobernador civil de Segovia,director xeral de Radiodifusión e Televisión, ministro secretario nacional do Movemento). As críticas recibidas polo seu nomeamento obrigaron a Suárez a explicar ao país os seus obxectivos , insistindo nos seus proxectos de democratización e anunciando a próxima celebración de eleccións xerais.A isto se refire o DOCUMENTO 1, que recolle a súa mensaxe ao país o 6 de xullo de 1976. Tal como se indica no documento, queda establecido que os gobernos serán resultado dun proceso electoral libre, e que o monarca ten o desexo de converter a España nunha democracia moderna, e para logralo é preciso a colaboración de todos.

 

Adolfo Suárez adoptou as primeiras reformas:

 

-          A renuncia da Coroa a presentar os bispos

 

-          Aprobación dunha amnistía para todos os presos políticos(agás os acusados de terrorismo)

 

-          Ampla liberdade de expresión

 

-          Negociacións  para legalizar os sindicatos e partidos políticos

 

-          Conversas múltiples cos líderes da oposición.

 

 

 

Ante os cambios anunciados por Suárez, as forzas políticas reorganízanse:

 

-na dereita, Manuel Fraga aglutina ao seu arredor as forzas do franquismo formando Alianza Popular,AP,.

 

-no centro, democristiáns e liberais reagrúpanse no Partido Popular, PP, que servirá de aglutinante do que despois será o Centro Democrático

 

-as forzas de oposición democrática crearon a Plataforma de Organismos Democráticos

 

- na esquerda, o Partido Comunista, cuxos líderes, en xullo do 76 en Roma, declaran o seu compromiso de buscar a concordia e repectar a liberdade esperando abrir vías de diálogo co goberno.

 

 

 

Para facer posible as medidas reformistas encamiñadas a recoñecer a liberdade política e sindical, Suárez tivo que contar coa opinión e a neutralidade dos militares. En setembro do 76 reuniu a cúpula militar e logrou que aceptara o seu proxecto de reforma, que incluiría a legalización de todas as forzas políticas e sindicais. Os militares aceptaron sempre e cando non se legalizase o Partido Comunista.

 

 

 

 A culminación desta primeira fase da transición foi a Lei de Reforma Política,LRP, á que fai alusión o DOCUMENTO 2. O punto esencial era a convocatoria dunhas eleccións xerais democráticas para formar novas Cortes. Tal como se indica no documento, a democracia baséase na supremacía da lei, que é expresión da vontade do pobo, e nas Cortes é onde reside o poder lexislativo. Ademáis as leis deben ser sancionadas e promulgadas polo rei( artigo 1º). As novas Cortes estarán formadas por dúas cámaras, Congreso dos Deputados e Senado; os deputados serán elexidos por sufraxio universal, directo e secreto dos españois maiores de idade; os senadores serán elexidos en representación das entidades teritoriais e o rei poderá designar para cada lexislatura senadores en nº non superior á 1/5 dos elexidos( artigo 2º).Pero  para levar isto adiante, tiña que ser aprobado polo Consello Nacional do Movemento e polas Cortes, ambas controladas por franquistas. Suárez usou todos os recursos ó seu alcance para logralo, e a pesar das críticas, o Consello Nacional informou positivamente sobre o proxecto de lei( 80 votos a favor, 13 en contra e 6 abstencións). Superado o 1º obstáculo, o proxecto de LRP foi enviado ás Cortes que tamén o aprobaron maioritariamente( 425 a favor, 59 en contra, 13 abstencións e 34 ausencias).Así as derradeiras Cortes franquistas votaban a súa autodisolución. Tras a aprobación polas Cortes a LRP debía ser sometida a referendo, que se celebrou o 15 de decembro de 1976. A oposición democrática mantiña as teses rupturistas e pediu a abstención; os franquistas solicitaron o non, mentres o Goberno usou todos sos seus medios, sobre todo , a prensa e a televisión para conseguir o voto afirmativo. A participación no proceso de referendo foi do 77,4% , e os votos afirmativos foron o 94,2%. Isto significaba a derrota da oposición rupturista e o triunfo das propostas de Suárez.

 

 

 

Mentres tanto, a oposición foi facendo presión para que se legalizasen todos os partidos políticos. O PSOE celebrou en Madrid o XXVII Congreso( 5-8 de dec. do 76), o 1º en España desde a Guerra Civil, no que participaron líderes do socialismo mundial( Willy Brandt, Francois Mitterand, Olof Palme) . O congreso confirmou a Felipe González como líder do partido. En canto ao PCE, o 10 de decembro celebrou en Madrid unha conferencia de prensa clandestina coa presenza do seu secretario xeral, Santiago Carrillo, que estaba ilegalemente en España, para forzar a legalización do partido ao tempo de insistir na reconciliación de todos os españois.

 

 

 

Adolfo Suárez debía preparar as eleccións xerais , pero numerosas dificultades puxeron en grave perigo o proceso iniciado A  ultradereita e a ultra esquerda protestan contra os cambios, alcanzando o punto máis álxido a finais de xaneiro de 1977 con varios asasinatos como o dos avogados laboralistas vinculados ao PCE( a matanza de Atocha) . Ao mesmo tempo, o GRAPO secuestra ao xeneral Villaescusa que era o presidente do Consello Supremo de Xustiza Militar, e a Antonio de Oriol, presidente do Consello de Estado, ademais de varios atentados e asasinatos de policías e gardas civís.

 

A legalización do PCE seguía sendo un problema sen resolver e había que facelo antes das eleccións para que foran verdadeiramente democráticas. Ante a sorpresa xeral, Suárez anunciou a legalización do Partido Comunista o 9 de abril de 1977, despois de manter entrevistas secretas co seu secretario xeral, Santiago Carrillo. Nese mesmo día, o Goberno fixou as eleccións xerais para o 15 de xuño. A cambio da legalización o PCE aceptaba as peticións de Adolfo Suárez: a monarquía como forma de goberno, a bandeira bicolor, a unidade de España e a democracia. Todos cederon porque todos desexaban que a reconciliación e a paz fosen unha realidade en España. A legalización do PCE provocou un gran malestar entre membros do exército así como a dimisión do ministro de Mariña, pero en cambio contou co beneplácito do rei.

 

 

 

A convocatoria electoral acelerou a creación de formacións políticas que querían presentarse, dando lugar a unha interminable lista de siglas, ata 111 partidos dos que 78 foron legalizados, 26 rexeitados e 7 disoltos. Ao tempo, regresaban a España exiliados como Alberti e a Pasionaria. Para conseguir mellores resultados moitos grupos agrupáronse : os de centro formaron Unión de Centro Democrático,UCD liderada por Suárez; os socialistas presentáronse divididos , destacando o PSOE de Felipe González, e o Partido Socialista Popular de Tierno Galván; o PCE fíxoo en solitario. A normativa electoral estableceu que as candidaturas para o Congreso debían ser completas, bloqueadas e pechadas, e a elección faríase pola lei D`Hont .

 

Durante a campaña electoral o candidato de UCD, Adolfo Suárez pronuncia un discurso o 13 de xuño de 1977, que recolle o DOCUMENTO 3. Nel fai unha serie de promesas: devolver ao pobo a soberanía; normalizar e democratizar a vida política desde a legalidade; que todas as familias políticas poidan ter representación nas Cortes…e tamén pronunciou varias veces unha frase que está xa nos anais da historia democrática española: é “ Puedo prometer y prometo”  elaborar unha Constitución mediante o consenso, lograr un entendemento social que permitirá fixar as liñas básicas da economía no futuro inmediato , e tamén, crear un marco legal para recoñecer as particularidades propias das rexións que conforman España.Os resultados das eleccións do 15 de xuño significaron o reforzamento dos grandes partidos , así como a vitoria do centro político. A coalición gubernamental, UCD, obtivo a maioría relativa, o PSOE foi a 2ª forza e o PCE, a 3ª, pero a gran distancia das dúas primeiras. AP, foi a 4ª e só obtiveron representación as forzas nacionalistas catalás e vascas.Nin a extrema dereita nin a extrema esquerda lograron escano.

 

 

 

As Cortes democráticas tiñan como principal misión elaborar a Constitución que deseñase o novo modelo de Estado da España monárquica e democrática. Así o 22 de agosto constituiuse no Congreso unha comisión formada por 7 deputados:

 

-          UCD: Pérez Llorca, Herrero de Miñón e Gabriel Cisneros

 

-          PSOE: Peces-Barba

 

-          AP: Fraga Iribarne

 

-          PCE-PSUC(P. socialista de Cataluña), Solé Tura

 

-          PDC:P.Demócrata Catalán)Miquel Roca Junyet

 

Eles tiveron a misión de redactar o borrador do proxecto constitucional. Tras presentalo, abriuse un prazo para presentar enmendas( 1.133) e tras debatilas en comisión e plenos, o 31 de outubro de 1978 o Congreso e o Senado aprobaban a Constitución por maioría absoluta e o mesmo facía o pobo español en referendo o 6 de decembro. Despois de ser sancionada polo Rei, publicouse no BOE o día 29. A ela fai referencia o DOCUMENTO 4/1.A Constitución do 78 presenta unha serie de valores como : o do consenso, a extensión, a ambiguedade e flexibilidade, a rixidez( 3/5 de ambas cámaras para reformala),progresista e democrática, pouco orixinal, de estrutura tradicional.

 

Os seus principios máis destacados e que figuran no Título preliminar son:

 

-          España queda definida como un Estado social e democrático de Dereito( art. 1.1)o que significa que todos os individuos e organismos están subordinados á Constitución e as demais leis.

 

-          A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes(art.1.2)

 

-          A forma política do Estado é a Monarquía Parlamentaria(art 1.3.)

 

-          España é un Estado unitario, xa que a unidade da nación española é indisoluble, pero recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e das rexións que o integran, orixinando un novo modelo, o Estado das Autonomías(art. 2)

 

-          O castelán e as demais linguas españolas son idiomas oficiais en cadansúa Comunidade Autónoma(art 3.1 e 3.2)

 

-          A pluralidade política e sindical.

 

A Constitución dedica o máis longo dos seus Títulos, ata 46 artigos, aos dereitos fundamentais dos españoles, que serán desenvolvidos por leis posteriores. Os dereitos son:

 

-civís:á vida, integridade física, igualdade ante a lei, liberdade de relixión, libre acceso á xustiza, á propiedade privada, obxección de conciencia, ao honor e á intimidade, a fixar a súa residencia e prohibese a tortura e a pena de morte

 

-políticos: libre expresión, sen censura, das súas ideas, a reunirse pacíficamente e sen armas, a manifestarse, a asociarse, a crear fundacións, a participar co voto, a acceder a cargos públicos, a exercer iniciativa lexislativa, a facer peticións, á folga…

 

-sociais: ao traballo, á elexir profesión, á promoción social, a un salario digno, a igualdade de trato no traballo, a negociación colectiva, a educación, a vivenda…

 

Os cidadáns poden recurrir ás máis altas esferas de apelación que son o Defensor do Pobo e o Tribunal Constitucional.

 

Entre os deberes destacan, a defensa da patria e a contribución ao gasto público segundo a capacidade económica de cada un.

 

 

 

As vitorias de UCD nas eleccións a Cortes constituíntes en xuño do 77 e nas xerais de marzo do 79 permitiron gobernar ao partido de Adolfo Suárez, presidente do Goberno ata a súa dimisión en 1981. Entre as principais medidas dos gobernos que presidiu destacan: a reforma do exército, na que contou con Gutierrez Mellado, vicepresidente do Goberno e Ministro de Defensa; os Pactos da Moncloa, acordo asinado en outubro do 77 polos axentes sociais no que se comprometían a establecer unha estratexia común para lograr a estabilidade do país mediante a consolidación da democracia, a reducción da conflictividade social e a adopción de medidas para abordar a crise económica que España viña arrastrando desde os anos finais do franquismo; inicios da reforma fiscal co IRPF; a proxección exterior reiniciando as xestións para a entrada na CEE ; o proceso autonómico, que establece un Estado organizado en 17 Comunidades Autónomas, rexidas polos seus respectivos Estatutos de Autonomía.

 

 

 

As dificultades básicas da UCD estaban xa na súa orixe, unha coalición de partidos que non foi capaz de superar as diferenzas entre as correntes ideolóxicas nin os personalismos, así como a falta dunha maioría absoluta para gobernar comodamente. Ademais , o principal partido da oposición, o PSOE, cunha dirección moi cohesionada e disciplinado, presenta en maio de 1980 unha moción de censura a Suárez que ainda que non prosperou por falta de apoios, significou a fin da etapa da política de consenso, erosionou a figura do presidente do Goberno e potenciou a do xefe da oposición. A estas dificultades políticas hai que engadir as económicas. Ante o recoñecemento das propias limitacións e o temor de que a disputa polo liderado tivese consecuencias negativas para a democracia,Suárez dimite o 29 de xaneiro de 1981.

 

Leopoldo Calvo Sotelo, ministro con Suárez substituinuo na presidencia do Goberno. Como UCD non tiña maioría absoluta, non foi elexido na 1ª votación, e cando o 23 de febrero de 1981, estaba celebrándose a segunda volta, tivo lugar o episodio máis grave da nova democracia española: o intento de golpe de Estado do 23 F.A este acontecemento fai alusión a fotografía que ilustra o DOCUMENTO 4/2. Aparece o tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero, que xa participara noutra intentona involucionista, a operación Galaxia en novembro de 1978, no asalto ao Congreso dos DeputadosEl e uns 400 gardas civís, pistola en man, entran no Congreso, mantendo como reféns ao Goberno e aos parlamentarios mentres anunciaba a chegada dunha autoridade superior e invocaba o nome do rei como máximo responsable. Os españois viron a escena grazas a unha cámara de TV que seguiu funcionando xa que se estaba a emitir en directo a sesión das Cortes. Os xefes militares mantiveronse a expectativa pero únicamente Miláns del Bosch en Valencia sacou os tanques esixindo a rendición da poboación. A actuación do Rei foi clave.Desde a súa residencia no Palacio da Zarzuela tomou o mando da situación, púxose en contacto telefónico cos xefes militares esixindolles lealtade, e convocou a Xunta de Xefes de Estado Maior, e vestido con uniforme de capitán xeneral, grava unha mensaxe que se emite por TV na madrugada do día 24.Esta mensaxe tamén emitida por radio, recóllese no DOCUMENTO 5. O rei comunicaba a todos os españois que dera orde a todas as autoridades civís e militares a mater a orde constitucional, e manifestaba que a Coroa non podía tolerar que nadie interrumpise pola forza o proceso democrático. Tras a mensaxe, o país respiraba aliviado.Os tanques de Valencia regresaron aos cuarteis e Tejero, rendiuse. Nos días seguintes, tiveron lugar en toda España manifestacións de apoio á democracia.

 

Despois foi proclamado presidente, Leopoldo Calvo Sotelo, que inicia unha etapa de goberno de pouco máis dun ano, curta pero con importantes accións para o futuro do país: Lei do divorcio, a Lei de Defensor do Pobo, varios Estatutos de autonomía, a LOAPA(proceso autonómico ) e a entrada na OTAN,en xuño de 1982.

 

 

 

Ante o incremento da oposición, as dificultades internas da UCD e a falta de solución para os problemas económicos, Calvo Sotelo decide disolver as Cortes e convocar eleccións para outubro de 1982.Foron as eleccións do cambio nas que o PSOE tivo un triunfo aplastante, cun 48% dos votos, e 202 escanos, mentres a UCD pasaba do 35% a conseguir tan só o 7% do escrutinio, e tamén perdía votos o PCE, mentres se mantiñan os nacionalistas vascos,PNV e os cataláns de CIU. O derradeiro DOCUMENTO 6 , recolle en forma de táboa, os resultados electorais, que reflicten os 202 deputados do PSOE, os 106 de AP, os 12 de UCD, igual nº para CIU(Converxencia i Unió), 8 para o PNV, e 5 para o PCE, e os 5 restantes, para outras formacións. O triunfo en catro elccións xerais consecutivas permitiron ao PSOE gobernar entre 1982 e 1996, e ao seu secretario xeral, Felipe González, ocupar a Presidencia do Goberno.Era a primeira vez na historia de España que o socialismo acadaba o poder. O PSOE gobernou en solitario ata 1993 ,e co apoio parlamentario de nacionalistas cataláns e vascos ata o 96, ano no que o Partido Popular, fundado en 1989 a partir de Alianza Popular e outros partidos de centrodereita, gañou as eleccións por maioría simple. O seu líder, José Mª Aznar conseguiu o apoio parlamentario de CIU,PNV e Coalición Canaria. Nas eleccións do 2000 acadou a maioría absoluta, pero esta lexislatura quedará marcada pola participación de España na guerra de Iraq, xunto con EEUU e Gran Bretaña, coa excusa da posesión de armas de destrucción masiva, que nunca foron atopadas. O punto final foi , en plena campaña electoral do 2004 , o 11 M, cando tiveron lugar os gravísimos atentados xihadistas nas estacións de trens , que o goberno do PP , considerou que foran perpetrados pola banda terrorista ETA. O triunfo electoral foi para o PSOE, con José Luis Rodriguez Zapatero como cabeza de cartel, que inicia unha nova lexislatura ata o 2008, eleccións que volverá a gañar. Esta nova etapa de goberno estivo totalmente condiciona pola grave crise económica iniciada no 2007, e que explica o triunfo do PP, con jMariano Rajoy Brey  nas eleccións do 2011. Este goberno astivo centrado na política económica con duras medidas para afrontar a crise tan grave do país. Debido aos axustes tan drásticos nas eleccións do 20 de decembro do 2015, ninguén acadou a maioría necesaria para formar goberno, polo que tras varios meses de negociacións de Pedro Sánchez, o candidato do PSOE, sen resultado, o rei Felipe VI, disolve a lexislatura más breve da nosa historia e por 1ª vez houbo que repetir eleccións o 26 de xuño do 2016

 

PROPUESTA DE SOLUCIÓN SEPTIEMBRE 2010